Os Xogos de lectura propoñen actividades sistematizadas que se realizan despois de que o alumnado teña lido individual e silenciosamente o libro de lectura. O obxectivo destas actividades é favorecer o desenvolvemento de todas as capacidades e habilidades necesarias para desenvolver con éxito as habilidades lectoras.